Primavera

domingo, 26 de junio de 2016

Fin de curso

E chegou o día... Rematou o noso primeiro curso de infantil no cole, e para celebralo acudimos ó salón de actos para ver a graduación dos nosos compañeir@s os elefantes e os dinosauros, os nen@s de 5 anos que acaban a etapa da educación infantil e pasan para o piso dos maiores... a primaria!!!
Tamén foi a graduación dos nen@s de 6º que marchan cara o instituto... Foi unha celebración moi emotiva pero moi bonita e divertida.





Despois, tivemos unha festa cunha gran merendola e logo a xogar un pouco no patio.






Para rematar o día... tocou despedirnos... Foi un curso moi intenso, de moito traballo e esforzo tanto noso como o dos nosos mestres. Aprendemos moitas cousas; entramos sendo pequenos e saímos sendo maiores... Pero o que máis lle importa á nosa mestra Irene, é que viñeramos contentos e o pasaramos ben, a algúns custóulles un pouco máis pero creemos que o conseguiu e con iso marcha contenta.

Irene: " A vós, meus patiños, soamente darvos as grazas por aceptarme tan ben, polo voso esforzo que foi moi duro este ano, polo voso cariño e interminables bicos e abrazos, por esas cariñas sempre contentas e por facer que este curso fora tan bonito facendo olvidar o cansancio e o traballo que había detrás. Botareivos moito de menos o curso que ven, pero xa veredes como estaredes ben co nov@ mestr@. Espero de todo corazón atoparnos algún día de paseo por Pontedeume e poder saber das vosas andainas. Po último, despedirme cun enorme e forte abrazo e con moitos bicos..."

"E a vós, familias, darvos as grazas pola vosa colaboración durante todo o curso sempre que a solicitamos, por ser tan comprensivos en todo momento e polas vosas palabras de cariño cara min. agradecer tamén, os regaliños que me mandáchedes, gustáronme moito e as palabras tan bonitas que aparecían na postal... Grazas, de verdade."







BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS A TODOS!!!!


Proxecto "As plantas"

Durante este trimestre estivemos investigando e aprendendo cousas sobre as plantas: o que precisan para medrar, as súas partes, os distintos tipos de plantas que hai, o seu crecemento, as cousas que nos proporcionan ás persoas, os froitos que dan, os actos que facemos ben e os que facemos mal en relación co noso entorno... Con todo iso fomos elaborando un libriño sobre as plantas, levóunos moito traballo pero valeu a pena porque a verdade é que quedou precioso :) e que prometimos conservar con moito cariño.



Ata puidemos catar unhas fresas que trouxo Sofía da súa casa... algúns quixemos probalas e outros non... estaban boísimas!! Moitas grazas Sofía :)





Ademais de todo ese traballo, plantamos unha semente e trouxemos da casa uns caraveis para cambiar a súa cor. Foi unha experiencia increíble!!! Non dábamos crédito do que estaba pasando... cambiar a cor dunha flor... iso é maxia!!



Tamén puidemos observar un trévo de 4 follas e agora temos a curiosidade de atopar un xa que dín que trae boa sorte... será verdade?? Haberá que comprobalo...



Aniversarios Xuño e Xullo

O martes festexamos os cumpres dos meses de xuño e xullo, xa que no verán non vimos ó cole... Esta vez tocóulles elaborar a súa coroa a : Víctor, Nagore e Antón. Trouxeron unha morea de zumes e batidos de chocolate e ademais, unha torta da patrulla canina... canto éxito mimadriña... je je. 
Cantámoslles o cumpreanos felíz, sacamos unhas fotos para ter de recordo deste día e sopraron as candeas. Tamén queremos felicitar a Estela, que tamén festexaba o seu aniversario pero estaba maliña e non puido vir; un biquiño moi grande Estela!!
E moitas grazas familias por colaborar todos durante o curso na celebración dos aniversarios!!! 





Merendola no parque

Este luns, para celebrar que remata o curso, cambiamos a nosa aula polo parque de Pontedeume para tomar a parva. Custounos un pouco subir a costa e chegar ata alí, pero así merendamos con máis ganas, je je. Despois de xantar, xogamos un anaquiño no parque. A verdade é que pasámolo xenial co bo tempo que tivemos... aínda que logo tocou voltar ó cole e continuar coa nosa xornada. Deixámosvos algunhas fotos deste día para que vexades o ben que o pasamos :)

sábado, 18 de junio de 2016

Excursión a Aldea Nova

Este martes fixemos a excursión de Fin de Curso a unha granxa-escola chamada "ALDEA NOVA" situada en Sedes (Narón). O primeiro de todo foi prepararnos para a saída. Por iso puxemos unhas tarxetas identificativas e unhas pañoletas para distinguir os nen@s de cada clase; polo que a nós tocounos a cor rosa. Unha vez listos, fixemos as filas e fomos cara o bus, onde sentamos e abotoamos os cintos de seguridade, moi importante para poder arrancar!! E xa estamos listos para saír!!! Siiiii!!!!

preparados - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ó chegar alí, coñecemos @s monitores e monitoras que ían ensinarnos a granxa-escola. Como éramos moitos, dividíronnos en grupos para realizar 4 talleres: animais, ponis, abellas e elaboración de pan. Pola mañá fixemos 3 talleres, primeiro tocounos peitear e montar nos ponis, despois convertémonos en panadeiros e fixemos uns boliños de pan e por último, ensináronnos onde viven as abellas, os traxes que hai que empregar para estar con elas e a saborosa mel que fabrican. Aquí tedes unhas fotos do ben que o pasamos. 



Despois de tanta actividade tíñamos que repoñer forzas, por iso fixemos un descanso dunha hora para xantar e descansar un pouco. Cantas cousas ricas traíamos nas mochilas!!! Parece mentira pero comer fóra da casa fai que a comida sexa máis apetitosa... non sabemos por qué...jeje.


xantar - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Despois de xantar nós, tocoulles ás mestras e por iso non estiveron con nós no último taller que levamos a cabo pola tarde... foi unha pena e por iso non temos fotos dese momento... Pero a mestra Irene foi sacando pola mañá unhas fotiños nas que podedes ver algúns dos animais que había na granxa, polo que vos deixamos con elas para que os vexades.  



animais - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Unha vez rematada a visita á granxa-escola, recollemos as nosas cousas, collemos o noso boliño de pan e a veliña que fixemos coa cera das abellas e subimos de novo ós buses para voltar ó cole. Despois dunha xornada tan completa e agotadora, a algúns non lles deu tempo de chegar á casa... e quedaron durmidos no bus... é que foi un día moi intenso. Espero que disfrutárades coas fotos e antes de rematar esta entrada, pedir disculpas polas fotos, xa que ó dividir os nen@s en varios grupos foi difícil ter fotos de todos facendo tódalas actividades... pero podo asegurarvos que o pasaron xenial, gracias por confiar nas mestras deixando acudir ós vosos fill@s á excursión. FIN!!




jueves, 9 de junio de 2016

Realidade aumentada

Hoxe na clase de Informática estivemos cunha actividade nova, moi divertida, orixinal, motivadora... teno todo!! Resulta que cun debuxo e unha tablet podemos facer maxia xa que os debuxos cobran vida!!! E todo grazas á realidade aumentada que convirte os nosos debuxos como se fosen en 3D.
A verdade e que quedamos abraiados, todos queríamos participar, foi moi divertido e pasámolo xenial!! 
Se queredes facelo na casa, dicirvos que só tedes que descargar a APP "QUIVER" nunha tablet ou móbil e descargar os debuxos da páxina www.quivervision.com, xa que só se pode facer cos debuxos que ofrece a propia aplicación. Tedes moitos para elexir; descargádelos, dádelles cor e logo... a facer maxia!!! Xa veredes que divertido!!







Instrumentos de percusión

Na clase de música aprendemos moitas cousas: cancións, bailes, seguir o ritmo da música, facer pausas (silencio), coñecer os distintos instrumentos... e nesta ocasión estamos traballando cos instrumentos de percusión. A mestra Lara preparounos a clase de maneira que parecemos unha orquestra e todo!! Pasámolo xenial facendo música e aprendendo a tocar estes instrumentos de percusión de láminas: xilófonos, metalófonos... Aquí tedes unha pequena mostra das nosas andainas...