Primavera

jueves, 29 de octubre de 2015

A pasalo moi ben!!

A continuación deixamos uns enlaces sobre o Samaín, para que disfrutedes cos vosos pekes.

https://www.youtube.com/watch?v=Z2QAk4sGzuM






https://www.youtube.com/watch?v=mStAARe1ims






https://www.youtube.com/watch?v=oiO4uG5IX78






https://www.youtube.com/watch?v=gqbY6K8ifv4







https://www.youtube.com/watch?v=4K0OoNgrwCU







https://www.youtube.com/watch?v=e54m6XOpRgU

Booooooohhhhhhhhhh!!!!! Muahahahaha......

Onte trouxemos unhas cabazas monstruosas ó cole, sacamos fotos coas nosas caras de susto e despois as levamos ó corredor da planta baixa para facer máis terrorífico aínda o noso cole e así puidemos ver as cabazas dos nosos compis das outras clases.

Hoxe celebramos a festa do Samaín, para eso viñemos disfrazad@s de personaxes de medo: bruxas, esqueletes, cabazas, vampiros, monstros...que xunto coa música que soaba polos pasillos do cole, provocamos moito medo ás nosas mestras e mestres, que ben o pasamos!!! Nas imaxes que veñen a continuación veredes as nosas caras de susto, esperamos que non vos dean moito medo...muahahahaha!!!

Contos de medo

Esta semana celebramos a chegada do Samaín. A escola transformouse nun lugar terrorífico, cheo de carteis, debuxos, caixas de medo, cabazas, música...incluso contamos moitos contos e decoramos unhas pantasmas. Ademais o Equipo da Biblioteca convidáronnos a escoitar un conto de medo titulado "Un pesadelo no meu armario" e cando chegamos á biblioteca sabedes quen estaba alí?... o noso amigo Güino!! disfrazado de Bruxo!! Aínda que era un conto de medo, nós non tivemos ningún medo, xa que sabemos que só é un conto...mirade que atentos estivemos...

Nova incorporación no Club do Mandilón

Esta semana estivemos moi ocupados coas cousas do Samaín, pero non queríamos esquecer contarvos que esta semana entrou no Club do Mandilón...Estela!! Moitos parabéns pequena!!
Estade moi atentos porque hai nen@s que xa case case o teñen, así que para a semana que ven seguramente se incorporen o noso club...xa quedan menos!!


martes, 27 de octubre de 2015

Aniversarios de Outubro

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de outubro, no que cumpriron 3 aniños: Alex, Efrén, Eva e David. Decoramos as nosas coroas, fixemos fotos de recordo, cantamos o "Cumpreanos feliz" e degustamos unhas riquísimas galletas que trouxeron da casa acompañados polos zumes...puxémonos as botas!!! uns ata repetimos 4 veces!!! Moitos parabéns para os catro!! :)






jueves, 22 de octubre de 2015

Oh, oh...

Estimadas familias...teño unha mala noticia para vós...
Hoxe apareceu no cole un trasniño moi revoltoso ó que lle chegaron noticias de que andabamos a estudar cousas dos patiños, e cun golpe de maxia transformou os vosos fill@s en patiños de verdade!!! a ver se os recoñecedes... ;)

Cantos patiños!! Imos ter que cambiar a clase por unha lagoa :)

Moitas grazas!!!

Durante esta semana foron chegando cousiñas das vosas casas para levar a cabo o noso Proxecto dos Patos, por iso queremos daros as grazas a tódalas familias por colaborar con nós. Aquí podedes ver como temos o noso recunchiño do proxecto...está a tope!! Agora xa podemos empezar a aprender moito sobre os patiños :D




miércoles, 21 de octubre de 2015

Moito traballamos!!!

Non é todo xogar!! No cole tamén traballamos e aprendemos moitas cousas. Por agora o que fixemos é centrarnos moito nas normas da aula e do cole, hábitos, rutinas e sobre todo o ser cada vez máis autónomos... e aínda nos queda!!. Ademais destas cousas, antes de poñernos a traballar outros temas, comezamos presentando os diferentes materiais que temos na clase: ceras brandas e duras, o lapis, rotuladores, punzón e almofada, pegamento, témperas, plastilina, papeis de diferentes texturas... Faise necesario coñecelos ben, saber como se empregan, o que se pode e o que non se pode facer con eles... Nestas fotos veredes o concentrados que estamos para aprender a utilizalos, e que xa somos maiores!!

Novos membros no "Club do Mandilón"

Xa estábamos a metade da clase no Club do Mandilón: Lucía, Hugo, Ariana, Noa López, Noelia, Pedro, Sofía, Eva, Noa Rivera, Jorel, Efrén e Valentina, e grazas ó esforzo e dedicación dos nen@s o club vai medrando. Esta semana temos novos integrantes, queredes coñecelos? Aquí os tedes...Mario, David, Adrián, Martín e Nagore. Norabóa!!



Que é iso da psicomotricidade?

Ó rematar co período de adaptación comezamos coas distintas especialidades: inglés, música, informática, psicomotricidade...pero que é iso da psicomotricidade?...a psicomotricidade é como a ximnasia dos maiores, pero adaptada ós nenos de infantil, axudándolles a conectar o corpo coa mente e coas emocións, xa que cando se realiza unha acción, ésta vai acompañada dun pensamento e dunha emoción. Coa mestra Ilenia imos a unha clase onde temos moito material e levamos a cabo xogos, circuitos, actividades dirixidas, relaxación...mirade cantas cousas facemos e o ben que o pasamos!!

Aprendemos xogando

Como xa vos dixen anteriormente, pouco a pouco iamos ir subindo cousiñas que fomos facendo ó longo deste mes, despois de rematar o período de adaptación. Hoxe imos dedicar esta entrada á clase de Informática, á que imos coa mestra Lorena. Ao chegar alí quedamos abraiados co grande que é a pantalla do ordenador...pero logo descubrimos que non é un ordenador, senón unha Pizarra Dixital na que podemos tocar co dedo e as cousas se moven!!! Que chulo!!! A mestra Lorena vai ensinarnos a usala e así poderemos aprender moitas cousas da mellor maneira que hai nestas idades...xogando!!

lunes, 19 de octubre de 2015

Proxecto "Os Patiños"

Saúdos!!! Como xa sabedes, somos a clase dos patiños e hoxe estivemos falando sobre eles, para expoñer o que sabemos... e saíron estos comentarios:

- Noa Rivera: "Os patiños son pequenos e a mamá grande".
- Martín: "Nadan".
- Noa López: "Son pequenos".
- Hugo: "Bucean".
- Noelia: "Viven na agua".
- Sofía: "Non son xente. Teñen o corpo amarelo e voan".
- Ariana: "Comen pan".
- Pedro: "Comen vermes".
- David: "Comen lixo".
- Jorel: "Son pequeniños".
- Lucía: "Beben agua".
- Lola: "Moven as ás".
- Todos: "Fan cuá-cuá".


Algúns non quixeron participar ou non souberon aportar nada, polo que hoxe levamos unha notiña para a casa solicitando a vosa axuda para que traiades cousiñas ó cole relacionadas cos patiños e así aprender o máximo posible destes animaliños.
A continuación deixamos a imaxe da nota que mandamos para a casa. Grazas por colaborar.


Manteis da merenda

Xa sabemos que os patiños son algo revoltosos e sacúdense moito, pero nós estamos aprendendo a ser ordenados, limpos e pouco a pouco estámonos introducindo na reciclaxe, polo que durante estas últimas semanas fomos elaborando uns manteis para a hora da merenda, para non manchar a mesa nin o chan. Para iso, baseámonos no conto "Unha eiruga moi larpeira", preguntádenos na casa por qué é tan larpeira... Na seguinte presentación podedes ver o ben que merendamos e o orgullosos que estamos dos nosos manteis :)

viernes, 16 de octubre de 2015

Poñemos o mandilón

Así poñemos o mandilón na clase dos patiños...colocámolo na mesa, metemos as mans e...a voar!!! Despois abotoámonos e xa estamos listos para ir a alfombra da asemblea e gozar do que nos espera na xornada.

O Club do mandilón

O primeiro que facemos ó chegar ó cole é saudar as mestr@s e aos compañeir@s. Sentámonos nas nosas cadeiras e comezamos a xornada co hábito de espir a chaqueta e/ou o abrigo e poñer o mandilón, que pouco a pouco ímolo conseguindo. Para animar un pouquiño aos nen@s ós que aínda lles custa, creamos "O club do mandilón". Para pertencer a el é necesario saber poñer o mandi, abotoalo e desabotoalo sen axuda de ninguén. Algúns xa o conseguiron e por fin poden estar no mural do club e levar para a casa o seu carnet. Os demais están a piques de logralo, pero non pasa nada, xa que o importante é ter gañas e iniciativa, xa que así todo se consigue. Aquí podedes ver os primeiros membros do Club do Mandilón. Estade atentos, que pouco a pouco irán aparecendo outr@s... 





jueves, 15 de octubre de 2015

Xa temos nome para a nosa aula!!!

Unha vez adaptados ó cole puidemos comprobar que as demais clases de infantil tiñan un nome para a súa aula e nós non podíamos ser menos, así que despois de moito pensar...e de facer unha votación entre varias cousas, xa temos nome!! A CLASE DOS PATIÑOS!!! Ao día seguinte apareceu unha sorpresa na clase...un patiño moi suaviño e falador!!, que será a nosa mascota e que estará con nós nas nosas andainas. Observade o encantados que estamos co noso amigo o patiño.

Cantamos a canción dos "Bos Días"

E aquí tedes algunhas imaxes nosas cantando, sentados na alfombra onde facemos a asemblea diaria.

Bos días!!!

Chegáronnos rumores de que nas casas estase a escoitar...Uns tararéana, outros fan os sons e algúns cántana...estamos a falar da nosa canción dos "Bos días" que tanto nos gusta. Para que saibades como é aquí tedes o vídeo da canción. Agora xa non hai escusa para cantala con nós ;)

miércoles, 14 de octubre de 2015

Aniversarios de Setembro

Xa celebramos os primeiros aniversarios do curso: decoramos as nosas coroas, fixemos fotos, cantamos e saboreamos unha torta e uns zumes riquísimos.Que ben o pasamos!! Parabéns para os trasniños e a seguir medrando! ;).
 



 

Período de Adaptación

Hai pouco que comezamos o cole...ese lugar estraño para uns e familiar para outros... A cadaquén levoulle o seu tempo, xa que custa separarse da familia, volver a empezar despois das vacacións do verán...pero pouco a pouco fomos superando os nosos medos e inquietudes. Nestas fotos podedes ver o ben que o pasamos coñecendo o cole!!, xogando na clase e no patio, visitando a aula de psicomotricidade e a biblioteca do centro...mirade, mirade!!

E aquí estamos nós

Saúdos!! Somos a clase de 3 anos B e queremos presentarnos para que todos saibades quen somos e quen é a nosa mestra. Desculpade a tardanza, pero non nos dábamos xuntado todos para sacar as fotos, xa que sempre faltaba algún nen@ que estaba maliñ@...Gozade dos nosos sorrisos :)

viernes, 9 de octubre de 2015

Ollo Piollo!!

Estimadas familias....no cole temos visitantes...
Teremos algún na nosa cabeza? Por favor, revisade as cabezas dos pequenos.
Grazas.





martes, 6 de octubre de 2015

Benvidos!!!!!

Benvidas familias!!! Hoxe estrenamos blogue da nosa aula de infantil 3 anos B. Queremos facervos partícipes das nosas aventuras na escola, polo que aquí mostraremos fotos de todo o que traballaremos, aprenderemos e xogaremos este curso.
Queredes velo? Pois non deixedes de estar atentos as entradas que iremos subindo. Tamén poderedes participar deixando os vosos comentarios nas diferentes entradas.
Esperamos que vos guste. Grazas polas visitas!!