Primavera

martes, 22 de diciembre de 2015

Vídeos do festival

E aquí tedes os vídeos do festival de Nadal deste ano, incluído o dos profes!!! Que o pasedes ben con estes artistas!! :)

domingo, 20 de diciembre de 2015

Felices festas

A vosa mestra, Irene, deséxavos un BO NADAL e un FELÍZ ANO 2016, pasádeo moi ben nestas festas coa vosa familia, moitos bicos e ata dentro duns días :)




E chegou o día tan esperado

Por fin chegou!!! O remate do trimestre está aquí e como tal fixemos un festival no que cantamos unha panxoliña chamada "Nadal". Estivemos moitos días ensaiando para que quedara moi ben e o resultado xa o comprobáchedes...saíunos fenomenal!!! Despois da actuación recibimos a visita dos paxes dos Reis Magos, aos que lles entregamos as nosas cartas para que llas fagan chegar e ademais déronnos moitos caramelos mmmm....que ricos!! E para rematar o día tivemos unha festa na que nos puxemos as botas, mirade mirade!! E por último, un anaquiño de xogo e para casa a disfrutar dunhas merecidas vacacións!!!

jueves, 17 de diciembre de 2015

Recomendacións para Nadal

Güiño,a mascota da biblioteca do cole, e o Equipo da Biblioteca, deixáronnos as seguintes recomendacións para o Nadal ;)

martes, 15 de diciembre de 2015

Decoración de Nadal

Parece que foi onte cando comezamos o curso e xa estamos en Decembro, e con iso a desexada chegada do Nadal. Con motivo desta época navideña decoramos o noso cole para que quedara o máis bonito posible. Levamos un triángulo para decorar na casa e con el fixemos unha árbore xigante de nadal que puxemos no corredor principal do cole, e para o noso corredor de infantil, cada curso elaborou un motivo navideño. Os nenos e nenas de 3 anos fixemos unhas árbores de nadal con pintura de dedos, purpurina e pegatinas. Mirade que bonitas quedaron!!. Tamén decoramos a cristalera da nosa aula e como non...o noso blogue!! Esperamos que vos guste e aproveitamos para convidarvos este venres ao festival que faremos no salón de actos do cole...que nervios!! Xa veredes o ben que o imos facer, pero non podemos dicir máis, xa que vai ser unha sorpresa. Bo nadal!!

Aniversarios de Decembro

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de Decembro, no que cumprimos anos: Lola, Mario, Lucas e a mestra Irene!! Cantos somos!!. Coma sempre, decoramos a nosa coroa con moitas pegatinas de cores e formas diferentes, cantamos o "Cumpreanos feliz", sacamos unhas fotos para que as vexades na casa e degustamos unha torta riquísima e uns zumes que trouxeron as vosas familias... Moitos parabéns pequechos!! :)





lunes, 7 de diciembre de 2015

Proxecto "Os Patos"

Como vedes seguimos traballando moito para aprender cousas sobre os patiños. Ata agora vimos as letras que compoñen a palabra PATO, comprobamos que o seu corpo ten forma de bote e descubrimos por qué flotan na agua, observamos que non todos son amarelos senón que os hai de máis cores e aprendemos unha canción nova... "Los patitos van al agua". Mirade canto traballamos...

Relaxámonos

Tódolos días o voltar do patio, dedicamos uns minutiños a relaxarnos, xa que vimos moi cansos e algo alterados de tanto xogar e correr. Así pois, a nosa rutina cosiste en hidratarnos bebendo un pouquiño de agua e deitar a nosas cabeciñas sobre as mesas, pechando os ollos e escoitando unha música relaxante...que ben nos senta para seguir coa xornada!!