Primavera

sábado, 30 de enero de 2016

Primer mandadiño do entroido

Onte coñecimos ó esqueleto Manolo, que tódolos anos achégase ó cole para festexar o entroido con nós. Pudimos ver que tiña un gorro, un antiface e unha trompetiña, xa está preparado para o entroido!!! Fíxonos moita graza e quixemos sacar unha foto a carón del, aínda que algúns non comprendían que Manolo non era de verdade e non se atreveron a achegarse a el...pero seguro que nos próximos días xa comprobarán que é so un esqueleto de mentira ;) A Manolo gústalle tanto o entroido, que cada día vai traer unha mensaxe cun mandadiño que debemos procurar cumprir. Ese mandadiño propón o traer algo en concreto ó cole cada día, e vai ser acumulativo, para intentar descubrir de qué nos quere disfrazar Manolo...que pillabán este esqueleto... O primeiro mandadiño é o seguinte.... "Para o día 1 lucir, cunha cicatríz na cara tes que vir", así que xa sabedes... espérovos a todos o luns cunha cicatríz pintada na cara!!

Día da Paz

O 30 de xaneiro celébrase o "Día da Paz", e nós queremos participar nun día tan importante celebrando que todos somos amigos, que non debemos pelexar, que os conflitos resólvense falando, perdoando e non gardando rencor, debemos ser solidarios, escoitar, comprender e respectar ós demais e coidar o mundo que nos rodea... No cole elaboramos unhas pulseiras do Día da Paz, coas que acudimos á xuntanza que fixemos no patio do cole, onde se leron uns manifestos, soltáronse pombas e escoitamos unha canción relacionada coa dita conmemoración. O que máis non gustou foi o momento da liberación das pombas, xa que nos gusta que estean ceibes. Aquí vos deixamos unhas fotos da nosa celebración do Día da Paz :)








 
Pablo López & Juanes- Tu enemigo
A nosa canción para o Día da Paz







martes, 26 de enero de 2016

Aniversarios de Xaneiro

Hoxe celebramos os aniversarios do primeiro mes do ano novo, o 2016. Neste mes de xaneiro están de aniversario: Sofía e Lucía, que xa cumpren 4 anos!!! Que maiores se están facendo!!
Ó igual que co resto dos aniversarios, estas raparigas elaboraron unha coroa especial chea de pegatinas...moito nos gusta decorar estas coroas!! Despois cantámoslles o cumpreanos felíz, sacamos unhas fotos de recordo e sopraron as candeas do biscoito que elaborou Sofía coa súa nai xunto cunhas saborosas magdalenas, que acompañamos cos zumes e gusanitos que trouxo Lucía, estaba todo moi rico :) moitas felicidades raparigas e a cumprir moitos máis!!





lunes, 25 de enero de 2016

O entroido está chegando!!!

O entroido está chegando e como xa sabedes, este curso a temática é "Épocas Históricas". En Infantil decidimos ir da época prehistórica, polo que o noso disfrace será o de CAVERNÍCOLA/TROGLODITA. Aínda que algúns xa tedes o disfrace listo, nesta entrada deixo uns exemplos por se vos serven de axuda.
Lembrade que do tocado da cabeza encargámonos nós. Grazas pola vosa colaboración!! :)



 

miércoles, 13 de enero de 2016

Vaia sorpresa!!

Hoxe aconteceu algo moi raro no cole...ó pouco de comezar a xornada, cando estabamos na alfombra facendo a nosa asemblea diaria, de repente alguén petou na porta pero non entraba ninguén... así que miramos para a porta e observamos que había algo verde que asomaba por debaixo...
Saimos correndo a mirar o que era...tratábase dun sobre verde que tiña unhas letras escritas que dicían... NUMERETE...
Noa López dixo que foi o carteiro o que deixou a carta, así que abrimos a porta pero non había ninguén no corredor... que raro...
Polo tanto non quedaba outra que abrir esa misteriosa carta, a ver se dentro atopábamos algunha pista que nos axudara a descubrir quen deixou esa carta na nosa porta...
A mestra Irene comezou a ler, xa que nós aínda non sabemos... A carta falaba dalguén chamado NUMERETE, que estaba maliño xa que descargáranselle as súas antenas... Martín dixo que era unha xoaniña...Noelia dicía que se trataba dunha formiga...e Valentina opinaba que podería ser unha bolboreta... Irene seguíu lendo e escoitamos que NUMERETE debia ir cara o Señor Sol para recargar alí as súas antenas. Os seus amigos axudáronlle a subir a unha nave...e daquela, Noelia berrou emocionada..."é un alieníxena!!!"... Vaia cousa!!! Un alieníxena no cole??? Irene seguíu lendo e a carta dicía que ese tal NUMERETE foise na súa nave ata o Sol, que lle axudou a recargar as antenas e lle contou que ó redor del xiran uns planetas nos que hai cousas sorprendentes e que debería ir velas...e así foi...volveu subir na súa nave e foise polo espazo na procura deses planetas, despedíndose cun "Ata pronto, xa vos contarei!!" Miña nai!! Que emocionante!!! Pero non sabemos como é NUMERETE... o que sabemos seguro é que ten antenas...pero cantas? E ten ollos, nariz e boca? Terá orellas? E brazos? Arrastrarase polo chan ou terá pernas e pés para camiñar? Tivemos que discutir moito sobre isto...e o final decidimos facer un debuxo de NUMERETE. A ver se nos volve escribir contándonos as súas aventuras nos planetas...e quizais mande algunha foto para saber se acertamos cos nosos debuxos...aquí volos deixamos para que vexades as nosas versións do misterioso NUMERETE.

Xa estamos de volta!!

Despois duns días de descanso, gozando das festas e da nosa familia, voltamos á escola con moita enerxía e ganas de contar os agasallos que deixaron Os Reis Magos e Papanoel nas casas. Despois de tanto falar e falar, démonos conta do ben que nos debemos portar... xa que recibimos moitos agasallos...jejeje, e para deixar constancia deles, decidimos facer un debuxo para representalos da nosa maneira... :)
Así, comezamos o segundo trimestre, coas pilas recargadas para aprender e traballar moito!!