Primavera

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía de Castro

A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) traballa dende anos na idea de lograr institucionalizar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura, o 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, que coincide coa conmemoración do nacemento da poeta. Polo tanto, nós dende o cole quixemos celebrar este día elaborando unhas postais a partir dun anaco dun poema de Rosalía, que dí: Canta, paxariño alegre, canta! canta porque o millo medre, canta! canta porque a luz te escoite, canta! canta que fuxeu a noite. Unha vez traballado o poema, fixemos unha reflexión sobre qué podíamos facer na postal para representalo, e ocorréusenos debuxar un paxariño...e o resultado foi o seguinte:
E para rematar... a nosa mestra escribíu a nosas direccións nas postais, colocámoslles un selo que trouxemos da casa e metémolas no buzón de correos para que cheguen ós seus destinos... esperamos que cheguen ben e que vos gusten. Bo día!!

Traballamos co número 1

Dende que chegou a carta de Numerete contándonos que estivera no planeta do número 1 e trouxo uns pelos do habitante dese planeta, coa forma do número 1, entrounos o gusanillo de saber cómo se fai ese número... así que estes días estivemos coñecéndoo, aprendendo unha canción, observando a súa forma e intentando facer a súa grafía, a algúns aínda nos costa, pero pouco a pouco irémolo perfecionando... Aquí deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos co número 1.

Aniversarios de Febreiro

Onte celebramos os aniverarios de Febreiro, no que celebramos que: Hugo, Jorel e Noelia cumprían 4 anos. Os protagonistas decoraron a súa coroa con moitísimas pegatinas e despois disfrutamos dunha festa onde degustamos unha torta riquísima e uns zumes que trouxeron as súas familias. Non esquecer que sopraron as candeas ó son do "Cumpreanos felíz" e que sacamos unhas fotos de recordo. Dicir que ademais da emoción que tiñan os protagonistas deste día... Jorel rebosada felicidade, xa que ademais do seu cumpre, tocoulle ser o maquinista!!! que sorte!! 
Moitos parabéns para Hugo, Jorel e Noelia neste día e a seguir medrando así de guapos :)  




miércoles, 17 de febrero de 2016

Aviso importante!!

Os teléfonos do cole cambiaron. Anotade:

SECRETARÍA      881930480
ORIENTACIÓN   881930482
              FAX          881930483

Carta de Numerete!!!

Onte recibimos outra carta de Numerete. Foi Lucas o que descubriu a carta que asomaba por debaixo da porta da nosa clase.
Sentámonos na alfombra e a mestra Irene comezou a ler a carta...Nela, Numerete dábamos a nova de que atopara un planeta por fin!!! Pero cando aterrou e baixou da súa nave algo estraño ocorría...só había unha casa, unha árbore, unha flor, unha nube, unha pelota, un río, e... un só habitante!! Que raro... Numerete achegouse onda o habitante dese planeta, presentouse e preguntou por que só había unha cousa de cada... O habitante contoulle que estaba no planeta do número 1 e x iso só había unha cousa d cada... Estiveron xogando xuntos e fixéronse moi amigos... pero Numerete tiña que marchar na procura dos demais planetas, así que na despedida, o habitante regaloulle tres pelos da súa cabeza que tiñan forma do número 1, e Numerete marchou na súa nave... Na carta, aparecían os tres pelos que lle dera de recordo o seu amigo do planeta número 1, e Numerete pedíanos que os colocáramos na súa cabeza, e así o fixemos... a maquinista de hoxe, Noa Rivera, foi a encargada d colocarlle os tres pelos a Numerete, e repasamos o seu nome con moitas cores para deixalo ben bonito :) Moita graza nos fai Numerete co seu novo peiteado jijiji está moi simpático. E como nos gustaba tanto, sacamos unhas fotos a carón del. Mirade, mirade..."

Rematamos o entroido

O xoves, despois dos días que tivemos de descanso para disfrutar do entroido, viñemos disfrazados do que quixemos. Algúns trouxeron disfraces da súa casa e os que non trouxeron ou se esqueceron, escolleron as prendas que quixeron do baúl que temos no cole. Así de guapos estabamos...

E para rematar co entroido, saimos ó patio xunto con tódolos nenos e nenas do cole para levar a cabo o enterro do entroido e cantar a famosa cantiga "xa morreu... xa morreu...". A algúns deunos un pouco de medo eso de queimar o entroido, xa que é algo novo para nós. Aínda así, pasámolo moi ben. Deixámosvos a imaxe da queima do entroido e a foto de grupo para ter de recordo deste día.

domingo, 7 de febrero de 2016

Festival de entroido 2016

E por fin chegou o día tan esperado... o festival de entroido, para o que tanto estivemos ensaiando e preparándonos. Comezamos a mañá coa preparación nas clases, onde as mestras axudáronnos a colocar os tocados de ósos que fixemos e as maracas que decoramos coa vosa colaboración. Fomos sacar unhas fotos de grupo para ter de recordo e comezamos co desfile polo corredor do cole, onde desfilamos diante de tódolos nenos e nenas do cole para que viran o guapos que íamos e nós tamén os vimos a eles. A verdade é que ó ser algo novo para nós, estabamos algo abraiados e non sabíamos para onde mirar con tanta xente que pasaba por diante nosa, pero foi moi divertido!!! Vaia ritmo que teñen estes rapaces e rapazas do cole, incluso os mestres jeje. Despois do desfile, puxemos rumbo cara o pavillón para comezar co desfile xunto cos zancudos para as familias e as nosas actuacións. Esperamos que vos gustasen e que o pasárades ben, nós dende logo que si :). E para rematar a xornada, fixemos unha festa cos doces que trouxéchedes da casa, para repoñer forzas e logo un pouco de xogo libre antes de marchar para a casa. Foi un día moi especial e divertido e queremos agradecervos a vosa colaboración na celebración desta festa de tanta tradición no cole. A continuación deixámosvos unhas fotos deste día e os vídeos dos desfiles e das actuacións. Lembrade que o xoves podedes vir disfrazados do que queirades, para celebrar a queima do entroido e dar por rematadas estas festas. Que disfrutedes destes días coas vosas familias e amigos pequenos, moitos bicos da vosa mestra Irene ;)

jueves, 4 de febrero de 2016

Remataron os mandadiños

Hoxe trouxemos o último mandadiño que deixou Manolo... "O día 4, para rematar os mandadiños, traerás un papagaio moi xeitosiño", agora sí que sí, non había dúbida, eramos piratas!!! Cunha cicatríz na cara, un pano na cabeza, un parche no ollo e un papagaio aparecimos hoxe no cole. Como se nota que chega o entroido... que estamos bastante alteradiños, pero é normal, con tanta festa quen non o estaría? Mirade que guapos estabamos todos, incluso Manolo. E para o recordo, unhas fotos de grupo dos piratas do Couceiro!! :)
E despois...unha festa con doces propios destas datas: orellas, filloas, rosquillas, chulas (torrijas)... puxémonos como papos!! Que rico estaba todo!! E mañá outra festa... que ben o imos pasar!!! Moitas grazas familias pola vosa colaboración. Esperámoos no pabillón para ver a nosa actuación, ata mañá!!

miércoles, 3 de febrero de 2016

4º mandadiño de entroido

O mandadiño de onte dicía... "O día 3 ven cun ollo tapado, e co teu parche serás o máis animado", así que hoxe trouxemos a cicatríz na cara, un pano na cabeza e un parche nun ollo. Agora si que temos claro que Manolo nos quere disfrazar de piratas! Chegamos encantados ó cole e presumindo de parche, pero... non sabemos como os piratas son capaces de aguantalo porque algo incómodo si que é... Mirade que xeitosiños viñemos hoxe... Incluso nos achegamos a xunto Manolo, a ver que mandadiño tiña para mañá e cando chegamos... el tamén tiña unha cicatriz, un pano na cabeza e un parche nun ollo!!!
Para mañá, o mandadiño de Manolo dí así... "O día 4, para rematar os mandadiños, traerás un papagaio moi xeitosiño". Así que xa sabedes, mañá tedes que vir coa cicatríz, o pano na cabeza, o parche nun ollo e un papagaio. Había moitos patiños preocupados porque non tiñan papagaios de verdade na casa... pero non hai problema, pode ser de peluche, xoguete ou un debuxo pintado, amarrados no ombreiro. A ver se damos feito con tantas cousas!! Ata mañá!!

martes, 2 de febrero de 2016

3º mandadiño de entroido

Onte, Manolo deixou un mandadiño que dicía... "O martes 2 un pano traerás, e con el, a cabeza cubrirás", así que todos trouxemos unha cicatríz pintada na cara e un pano na cabeza. Os panos eran moi variados e cada un traíao dunha forma distinta, aínda que pronto cansamos e algúns xa os quitamos... Estivemos pensando e cremos que xa sabemos de que nos quere disfrazar Manolo... de piratas!!! Será verdade?? Mirade que guapos viñemos...


        
   
        
  

Para mañá, o mandadiño de Manolo dí así... "O día 3 ven cun ollo tapado, e co teu parche serás o máis animado". Así que xa sabedes, como é acumulativo, tedes que vir coa cicatríz na cara, co pano na cabeza e cun parche nun ollo... miña nai, cantas cousas!! Vémonos mañá!!


lunes, 1 de febrero de 2016

2º mandadiño de entroido

Hoxe cumprimos o mandadiño que deixou Manolo o venres..."Para o día 1 lucir, cunha cicatríz na cara tes que vir", así que todos trouxemos unha cicatríz pintada na cara, carais parecían de verdade!!! Mirade que chulas nos quedaron... Para mañá, o mandadiño de Manolo dí así... "O martes 2 un pano traerás, e con el, a cabeza cubrirás". Así que xa sabedes, como é acumulativo, tedes que vir coa cicatríz e co pano na cabeza...imos estar guapísimos!! Ata mañá!!

Decoración de inverno

Coa chegada do Inverno observamos moitos cambios na paisaxe, no clima, na forma de vestir, nos alimentos... e como non para de chover e vai moito frío, no noso blogue non podía ser menos... por iso o decoramos con algo característico desta época: chuvia e neve.
Ademais, decidimos cambiar a decoración do noso corredor de infantil. Cada curso decorou unhas nubes de inverno; os rapaces e rapazas de 5 anos fixeron nubes con pingas de chuvia, os nenos e nenas de 4 anos fixeron nubes con boliñas de neve e nós elaboramos unhas nubes de tormenta, como a que cae no noso blogue!! con raios e todo!! O problema é que agora danos coraxe saír ó corredor coa que está caendo... jijiji . Mirade que bonito quedou, así dá gusto entrar no cole :)