Primavera

miércoles, 25 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

A semana pasada festexamos as Letras Galegas no cole, que este ano foron dedicadas a Manuel María. Durante o mércores e o xoves, ó chegar pola mañá, as mestras Ilenia e Lorena ofrecéronnos a lectura de dúas poesías deste escritor na entrada do cole. 



Xa oíramos falar deste escritor, porque para o día da poesía estiveramos practicando a súa poesía "O foguete", que representáramos nas aforas do cole e por iso, preparamos un traballiño dedicado a esta poesía.




 O venres foi o Día grande das Letras Galegas no cole: o 8º certame da poesía do "Couceiro Freijomil". Fixemos unha celebración en toda regla no salón de actos, onde os nenos de 6º de primaria foron os encargados de presentar o acto. Os nen@s de Infantil representamos a poesía "Galicia" na que fixemos un percorrido polas catro provincias e a súa capital. Ademáis déronnos un premio pola nosa participación: contos para ter nas nosas aulas!! :)







Despois, bailamos ó son da canción "Brinca vai!: Meu o mundo é", pasámolo xenial!!






E como remate da xornada, todo o alumnado xunto cos mestres do cole, xuntámonos no xardín principal para soterrar palabras da nosa lingua "o galego"que escribimos nuns pergaminos e que decoramos con debuxos e frases. Na nosa clase a palabra elixida foi "bolboreta", moi apropiada para a estación na que nos atopamos... e así todas estas palabras quedarán soterradas como un gran tesouro no noso xardín... e con isto rematamos a nosa celebración das Letras Galegas 2016. Ata o ano que ven!!





miércoles, 18 de mayo de 2016

Por fin medraron!!!

Durante a semana pasada as nosas plantiñas foron medrando cada vez máis. Cada día ó chegar á clase era un momento de alegría, berros, saltos... ó ver que as plantas medraban!! Estabamos moi emocionados e ansiosos de levalas para a casa, así que o xoves puidemos levalas por fin... Máis que nada porque viña a ponte das Letras Galegas e non queríamos deixalas no cole sen os coidadiños que requiren :) A verdade é que foi unha experiencia nova para moitos de nós, pasámolo xenial, aprendemos moito, gozamos durante toda a actividade e marchamos orgullosos para a casa coas nosas plantiñas. É unha actividade moi boa para adquirir responsabilidade, polo que comprometémonos a seguir coidándoas na casa e incluso a plantalas na horta (se temos) ou nunha maceta :)

Número 2

Durante o último mes recibimos novas de NUMERETE, pero esta vez en lugar dunha carta recibimos unha caixa!!! 
A caixa estaba chea con pares de cousas: 2 zapatos, 2 calcetíns, 2 luvas, 2 pendentes e unha carta. Numerete contábanos que atopara un novo planeta onde había 2 cousas de cada e como agasallo déronlle 2 pendentes... os cales colocamos na foto que temos de Numerete. Anda que... sí que está xeitosiño o noso amigo jejeje. 
Así pois, dedicamos os seguintes días a aprender a cantidade e o trazo do número 2. Repasamos o número no chan... escribímolo no encerado, fixemos algúns traballiños... pero o que máis nos gustou foi probar nós mesmos as cousas que Numerete metera na caixa, mirade que ben o pasamos :)




Contacontos de Kalandraka

A semana pasada tivemos unha visita xenial!! Dous membros do grupo Kalandraka acudiron ó noso cole para contarnos unha das cousas que máis nos gusta ós nen@s... os contos!!! Tivemos a sorte de escoitar dous fermosos contos: "Despois da chuvia" que fala da superación das adversidades, a adaptación ao medio e sobre todo a colaboración duns cos outros... E tamén, "A que sabe a lúa?" que narra a historia duns animais que colaborando e traballando en equipo logran conseguir ata o máis imposible...
Aprendemos moito e sobre todo pasámolo xenial, xa que ademais as historias foron acompañadas da música dun acordeón... A nosa mestra dixo que lle gustaría aprender a tocalo xa que así os contos quedan fermosísimos :)
Aquí deixámosvos unhas fotos deste día, mirade que atentos estabamos...







miércoles, 4 de mayo de 2016

Como medran!!

A semana pasada estivemos plantando unhas sementes no cole. Durante estes días fomos botándolles auga e observando a ver se medraban. 
O luns cando chegamos ó cole, despois do fin de semana, puidemos ver que xa botaran a raíz! Que ben!! E a algunha xa lle está saíndo o brote cara arriba!! Imos polo bo camiño ;)
Estamos moi emocionados ó ver medrar as nosas plantas pero aínda queda agardar un pouquiño máis... Mentras, seguiremos cos seus coidadiños :) 

        
       
   
     




 

Celebramos os Maios

O venres pasado celebramos no cole a Festa dos Maios, para a cal solicitamos a colaboración das nosas familias para axudarnos coa elaboración do noso Maio de Infantil. Mentras as familias decoraban o maio con verde e outros elementos decorativos (carro, escada, fouciño...), os patiños e os pandas fixemos unhas guirnaldas con laranxas, e os nenos de 4 e 5 anos con flores, que colocamos no maio unha vez as rematamos... A verdade é que quedou chulísimo!! Somos uns artistas!!
Na clase elaboramos unhas coroas para levar ó patio e así poder cantar a canción e pasear os Maios. Como o noso maio pesaba bastante... foron os nen@s de 5 anos os que o levaron no ombreiro e o pasearon. Que orgullosos estabamos e canto lles aplaudimos!!
Foi unha experiencia nova para nós, xa que non coñecíamos esta festa, pero agora xa somos uns expertos e pasámolo xenial e queremos aproveitar para agradecer a colaboración das familias que se achegaron ó cole para axudar coa elaboración do noso maio e os que colaboraron dende a casa coa aportación de flores e fiuncho. Moitas grazas!!! :) 
Agora deixámosvos fotos desta festa, para que os que non puidéchedes vir...