Primavera

martes, 26 de abril de 2016

Día do Libro

O sábado celebrouse a conmemoración do Día do libro e Güino invitounos onte á biblioteca á presentación dun pequeno libro moi especial: Artesáns de Pontedeume.
Este libro foi feito a través das investigacións que fixeron os nenos e nenas do colexio fai uns cantos anos e recolle os oficios galegos máis tradicionais.
Ademais, estaba como invitada unha antiga profe do centro, chamada Alicia, que visitounos para ensinarnos traballos feitos por nenos e nenas de infantil, recollidos en distintos libros que poderemos ver detidamente na nosa biblioteca os próximos días.
E como remate, o Equipo da Biblioteca do centro, agasallounos cun dos exemplares do libro Artesáns de Pontedeume para ter nas clases, moitas grazas!!



Plantamos sementes

Coa chegada da primavera e co novo proxecto que comezamos fai pouco sobre "As plantas", aproveitamos para plantar unhas sementes. Comezamos o proxecto cun conto chamado "Había una vez una semilla", a través do cal puidemos comprobar cómo nace unha planta e que lle fai falta para poder crecer. Unha vez tivemos claro cómo se planta unha semente, saímos ó patio aproveitando o bo tempo, e puxémonos mans á obra... Tíñamos claro o que necesitábamos: terra, sementes, auga, aire e luz e calor do sol. En grupiños fomos botando terra nun vasiño, botamos as sementes, tapámolas con máis terra, botámoslle un pouco de agua e deixámolas ó carón das fiestras para que lle dea a luz e a calor do soliño. A verdade e que o pasamos xenial e disfrutamos moito coa experiencia... Agora a esperar a ver se medran, que esperemos que si!! Xa vos iremos contando ;)


Que ben se está ó soliño...

Parece que chegou o bo tempo por fin, agora si que está a notarse a chegada da primavera... Así dá gusto saír ó patio e gozar do bo tempo que temos... esperemos que duren e podamos disfrutar deste soliño...


sábado, 16 de abril de 2016

Tocamos instrumentos!!!

Este venres, a mestra Irene foi visitarnos á clase de música, xa que a mestra Lara contóulle que empezabamos a tocar instrumentos.
Cando chegou estabamos sentadiños nun semicírculo tocando unha canción coa mestra Lara e cada un de nós tiña un instrumento, había de todo tipo: maracas, cascabeis, triángulos, palillos, caixas chinesas...
Irene quedouse un anaquiño para ver como tocabamos e díxonos que o facíamos moi ben... É que xa somos maiores!! Foi unha clase moi divertida e por iso queremos deixarvos unhas fotos, mirade, mirade...






Chegou a Primavera ó noso cole!!

Esta semana estivemos decorando o corredor de infantil con motivos primaverais. Os nen@s de 5 anos fixeron paxariños, os de 4 nubes con raios do arco da vella e nós elaboramos uns simpáticos caracois...
Mirade que chulos quedaron e que alegre deixamos o corredor!!





Protección Civil

A semana pasada tivemos a visita de tres representantes de Protección Civil no cole. Ensináronnos os perigos que podemos atopar nun cole e o que debemos facer ante eles. Ensináronnos tamén como é o seu traballo e como axudan ás persoas que están en perigo. Amosáronnos algunhas das ferramentas que empregan e como son os seus traxes.
A verdade é que o pasamos moi ben e aprendemos moito. E lembrade, se estades en perigo ou vedes a alguén que o está... chamade ó 112 ;)  





Aprendemos as formas

Xa sabemos como é o círculo...redondiño como unha bóla e agora estamos a aprender outra forma xeométrica: o cadrado. Observamos a súa forma e comprobamos que ten 4 esquiniñas e 4 lados iguais. Buscamos na clase cousiñas, obxectos, xoguetes, etc. que tiveran esa forma e atopamos moitas cousas!!!... Contos, puzzles, a nosa alfombra, murais que temos postos pola clase, as caixas das pinturas, a goma da mestra... Tamén estivemos xogando cos bloques lóxicos: tivemos que atopar cada un un cadrado dentro da caixa e despois xogamos con eles a agrupalos por cores e tamaños e a mestra cada vez aumentaba máis a dificultade pero fixémolo moi ben!! Aquí tedes as fotos deste momento :)